DÍA DA MULLER NA CIENCIA:🌍🔬 MULLERES CIENTÍFICAS QUE CAMBIARON O MUNDO🔬🌍

O 11 de febreiro celebramos o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, unha data para recoñecer o traballo de grandes científicas que abriron camiño para futuras xeracións. 

O alumnado de 1º de primaria investigaron sobre 7 mulleres que deixaron unha pegada imborrable na historia da ciencia.

🔬 Marie Curie:

Pioneira no estudo da radioactividade, foi a primeira persoa en gañar dous Premios Nobel en disciplinas diferentes (Física e Química). Descubriu os elementos radio e polonio, fundamentais para a medicina nuclear.

💻 Ada Lovelace : Matemática e pioneira da computación

Considerada a primeira programadora da historia, desenvolveu o primeiro algoritmo pensado para ser procesado por unha máquina, anticipándose á computación moderna.

🚀 Katherine Johnson: Matemática e física

Os seus cálculos foron fundamentais para o éxito das misións espaciais da NASA, incluíndo a primeira viaxe tripulada á Lúa en 1969.

🧬 Margarita Salas: Bioquímica

Descubriu a ADN polimerase phi29, unha encima clave para a amplificación do ADN, revolucionando a biotecnoloxía e a investigación xenética.

🔭 Jocelyn Bell Burnell: Astrofísica

Descubriu os púlsares, estrelas de neutróns que xiran rapidamente e emiten radiación periódica, un achado clave na astronomía moderna.

⚛ Lise Meitner: Física nuclear

O seu traballo foi esencial para o desenvolvemento da enerxía nuclear. 

🐒 Jane Goodall: Primatóloga e conservacionista

Dedicou a súa vida ao estudo dos chimpancés en África, revolucionando a nosa comprensión sobre o comportamento animal e a conservación.

Para plasmar todo o aprendido elaboraron un lapbook  e fixeron o experimento sobre a importancia de lavar as mans para evitar virus e bacterias:


Por outra parte, tivemos a visita de Arenaria, acercando á Ciencia ao alumnado de 5º e 6º de primaria con actividades motivadoras e coñecendo a mulleres científicas menos coñecidas e relacionadas cos 4 elementos e realizando experimentos para poñer en práctica todo o aprendido:

Aire: científicas como Katherine Jonhson e Valentina Thereskova 

Auga: coñeceron a Ángeles Alvariño e observaron as consecuencias do cambio climático na auga. 

Terra: Janne Goodal que traballa coa galega Rebeca Atencia (veterinaria e primatóloga española) e Inge Lehman (sismóloga danesa que descubriu que o núcleo da terra ten unha parte sólida dentro do núcleo externo líquido), Marie Tharp que elaborou o 1º mapa do fondo oceánico. 

Margaritas Salas, África Gónzales, Marisol Soengas, Margarita del Val, Miriam Manteiga, Ángela Ruiz Robles e Isabel Cendal tamén tiveron unha mención especial nesta sesión de ciencia.

Remataron a sesión cun experimento con lume!


Grazas Yolanda e María por acercarnos a ciencia ao noso centro!


Comentarios