3º REUNIÓN DO CLUBE DE LECTURA

Na 3º reunión do clube de lectura  tocou o turno doutro xénero literario, o cómic A proba de auga escrito por Anémona de Río (pseudónimo de Aldara Álvarez García).

A historia segue a unha pequena pinga de auga que, tras rematar os seus estudos, está lista para cumprir a súa misión. Porén, no seu primeiro día, todo sucede demasiado rápido: perde ao seu grupo e esperta nun lugar descoñecido. A partir de aí, deberá reunir valor para explorar ese novo mundo, atopar aos seus compañeiros e cumprir co seu cometido. Polo camiño, descubrirá a identidade dun misterioso personaxe que altera todo ao seu redor.  

Este cómic combina a narrativa  cunha trama emocionante e ilustracións atractivas. A través das aventuras da protagonista, os lectores aprenden sobre o funcionamento do corpo humano e a importancia da auga na nosa vida diaria. 

Aproveitamos a reunión para facer unha ilustración coa personaxe que máis lle gustou a cada un e compartir opinións sobre o cómic. 



Comentarios