CELEBRACIÓN DO ANO CASTELAO 2O25
O noso colexio viviu unha xornada moi especial coa celebración do Ano Castelao, unha homenaxe a unha das figuras máis emblemáticas da cultura galega. O acto contou coa presenza do Director Territorial, César Ares, e tivo como fío condutor a figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, destacando o seu compromiso coa lingua, a identidade e os valores do noso pobo.
Un dos momentos máis emotivos foi a lembranza do mural realizado pola artista Eva Casais e o alumnado de 6º, seleccionado entre os mellores do mundo no mes de abril. A continuación, Iven, alumno de 5º de Primaria, achegounos a vida de Castelao desde a mirada das novas xeracións.
Como broche de ouro, o alumnado interpretou unhas regueifas dedicadas a Castelao, mesturando creatividade e tradición con moita retranca.
Tamén se entregaron os premios do concurso para o novo logo do centro, sendo a gañadora Sandra.
O acto rematou co recoñecemento ao profesorado de Educación Física e a entrega de medallas do Basketlao, a liga deportiva do segundo trimestre.
Foi un día cheo de emoción, participación e orgullo pola nosa cultura.
Comentarios