DÍA DO LIBRO

O pasado 23 de abril, no noso centro celebramos o Día do Libro dunha maneira moi especial: cunha xornada chea de contos, emocións e lecturas compartidas. 

O alumnado de cursos superiores converteuse en padriños e madriñas lectoras dos máis pequenos, nunha actividade que cada ano cobra máis protagonismo: o apadriñamento lector.

Os maiores prepararon con ilusión os seus contos favoritos para compartilos cos máis pequenos. Como mostra de agradecemento intercambiaron marcapáxinas como agasallo. 


Ademais dos apadriñamentos, organizamos dous contacontos como animación á lectura , cos contos:

"Así es mi corazón" e "Bailar nas nubes".



Sen dúbida, esta celebración lembrounos que ler é moito máis que descifrar palabras: é compartir, sentir e vivir historias xuntos.


Comentarios