CLUB DE LECTURA: NOA E A CIDADE SEN MAXIA

 No último encontro do Club de Lectura infantil da biblioteca lemos Noa e a cidade sen maxia, un cómic que conquistou desde o primeiro momento ás nenas e nenos participantes.

A historia de Noa,  chamou moito a atención do grupo polo seu ritmo áxil, as ilustracións cheas de detalles e unha protagonista coa que foi doado identificarse. Ao longo da lectura comentamos as emocións dos personaxes, a importancia da imaxinación e o valor de crer na maxia, mesmo cando parece que xa non existe.

O formato cómic resultou moi atractivo e facilitou a participación de todos e todas, xerando comentarios, risas e moitas ganas de seguir lendo máis aventuras de Noa.

O encontro rematou cunha actividade creativa na que os nenos e nenas elaboraron un feitizo inventado, deixando voar a súa imaxinación. Cada participante ilustrou o seu propio cómic  e creou o texto en bocadillos, como nun auténtico cómic, dando forma a novas historias cheas de maxia.

Seguiremos propoñendo actividades que fomenten a creatividade e o gusto pola lectura.



Comentarios