SENTIMOS O NADAL: CREATIVIDADE, CONTOS E EXPERIENCIAS PARA SENTIR

Durante estas datas tan especiais, a biblioteca encheuse de espírito de Nadal con  actividades pensadas para o noso alumnado, nas que a creatividade, a lectura e os sentidos foron os grandes protagonistas.

Unha das propostas de biblio creativa foi a elaboración de adornos de Nadal, na que os nenos e nenas elaboraron bastóns de nadal con limpapipas. Tamén empregouse o espazo de cociña  cuns obradoiros de elaboración de galletas e postres na que o alumnado puido experimentar, crear e aprender dun xeito lúdico, combinando lectura, manualidades e sabores.

A actividade completouse con sesións de contacontos, a cargo do alumnado de 3º de primaria para os nenos e nenas de infantil.



Ademais, celebráronse obradoiros máxicos en infantil, deseñados para achegar o Nadal desde o xogo e a fantasía, así como unha exposición de libros de Nadal, que convidou a descubrir lecturas cheas de valores, tradicións e soños propios destas datas.

Como peche desta experiencia tan especial, o alumnado participou nun obradoiro de aula sensorial, unha actividade pensada para sentir o Nadal a través de propostas adaptadas aos diferentes sentidos: a vista, o oído, o tacto, o olfacto e o gusto. Unha vivencia enriquecedora que permitiu descubrir o Nadal dun xeito máis profundo e inclusivo.


Desde a biblioteca agradecemos a participación de todo o alumnado e a colaboración das persoas implicadas. Seguiremos traballando para que a biblioteca sexa un espazo vivo, creativo e cheo de experiencias inesquecibles.


Comentarios