ROTEIRO CON PEDRO FEIJOO
Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria do clube de lectura do colexio, acompañados polo alumnado do CEIP Seis do Nadal, viviron unha experiencia moi especial xunto ao escritor vigués Pedro Feijoo, autor do libro Pequena historia de Vigo. Durante esta actividade, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de descubrir curiosidades sobre a historia da nosa cidade e coñecer de primeira man como nace un libro.

Comentarios