ANALIZANDO O PERGAMIÑO VINDEL


Na aula de 5 anos.

Nas últimas semanas, o alumnado de 5 anos investigou sobre o pergamiño Vindel. Descubriron que estaba escrito con tinta de dúas cores: a vermella, situada na esquina superior esquerda, onde aparece o nome de Martín Códax, e o texto propiamente dito, de cor negra (agás as letras capitais).

Coa axuda de Paula, a mestra de prácticas, os rapaces elaboraron os seus propios pergameos. Tintaron papel con posos de café, imprimiron os seus propios nomes con tinta vermella, e, con negra, palabras que foron compoñendo.

Este é o resultado.





Comentarios

Entradas populares