CANDO UN PDI SE CONVERTE NO AUTÉNTICO PROXECTO DE AULA...
... ocurren cousas coma estas.
Xa sabedes que os nenos e nenas de 5 anos están a traballar sobre os castelos e a Idade Media. Xunto coas súas familias teñen abordado numerosos temas ó longo do primeiro trimestre (e seguirán a facelo no que resta).
Pois cando un grupo está tan entusiasmado co asunto, tan mimetizado con el... non podía ser doutro xeito! E así, paseando pola aula, descubrimos as fiestras decoradas con fermosas ilustracións infantís que reflicten o aprendido. Acaso non vedes en cada vidro a representación dun castelo?
Comentarios