ROSALÍA CANTA Ó MAR...


... como a amiga das Cantigas.

Hai meses, cando comezamos a analizar as Cantigas de amigo de Martín Códax, descubrimos que unha muller choraba pola ausencia do seu amado. Agora, celebrando o Día de Rosalía, buscamos versos desta autora nos que se falara do mar. E, curiosamente, atopamos unha coincidencia entre ela e a amiga de Martín Códax: Rosalía tamén chora a ausencia do amado.

Escoitade a dúas alumnas bibliotecarias (Estela e Mara) recitando dous poemas de Follas novas.



E agora deixámosvos con outro alumno que recita versos de Cantares Galegos:

Comentarios