UN ENTROIDO DE CANTIGA



Vencellado co PDI deste curso. 

Xa chegando a Coresma ofrecémosvos o relato do que foi o Entroido do noso centro, no que participaron mestres, alumnos e familias.

Sendo a temática do noso PDI (Palabras que trae o mar) a visita do Pergamiño Vindel, imprescindiblemente, o colexio viaxou no tempo e trasladouse á Idade Media. Así, desfilaron:

  • o alumnado de 3 anos, disfrazado de terribles vikingos
  • o de 4 e 5 anos da sociedade medieval
  • os de 1º e 2º de Primaria: de personaxes do mundo mariño
  • os de 3º: das clases sociais da Idade Media
  • os de : de peregrinos facendo o Camiño de Santiago
  • os de : de figuras do xadrez
  • os de : de sociedade da Idade Media
Presentaron o desfile (no que houbo coreografías e representacións teatrais) dous alumnos de 5º curso de Primaria. O texto foi tan magnífico que non podiamos deixar de compartilo con vós. Neste enlace podedes lelo. 



Marabillosa a representación do alumnado de 3º de Primaria, que nos deu a coñecer diferentes inventos da Idade Media (algúns deles, descoñecidos para nós): os botóns, a pólvora, o astrolabio, o libro, os spaguetti, o entroido...

Finalizou o día compartindo mesa coas familias. 



Premendo na seguinte imaxe podedes acceder ó álbum de fotos. 




Comentarios

Entradas populares