A AUGA, FONTE DE VIDA
15 de outubro: Día Internacional do Lavado de mans.
Hai hoxe un ano viviamos un dos días máis negros das nosas vidas: o cinturón boscoso da nosa cidade queimábase. Todos mirabamos ó ceo esperando unha chuvia milagrosa que nos axudara a apagar a vaga de lumes. A auga, fonte de vida, loitaba contra a morte que extendían o vento e as lapas.
Un ano despois celebramos que a auga segue a ser vida. O Equipo de Convivencia ten deseñado unha campaña para celebrar o Día Internacional do Lavado de mans. Para iso colocáronse carteis nas entradas de ambos os dous edificios do colexio e nos baños do alumnado, indicando o protocolo a seguir.
O lavado de mans é a prevención máis eficaz e barata para evitar a transmisión de moitísimas enfermidades. Nos hospitais é fundamental. Sen embargo, a escola é tamén lugar de transmisión de pequenas dolencias: mucosidade, catarros, gripes, diarreas... un bo lavado de mans contribuirá a disminuir os riscos de contaxio.
A UNICEF indica tres momentos clave para lavar as mans con auga e xabón: antes de cociñar, antes de comer e despois de ir ó baño. Premede neste enlace e accederedes a máis información sobre esta campaña.
... E non esquezades pór en práctica un eficaz lavado!
Comentarios