AGASALLO COLABORATIVO














Para a Comunidade de Montes de Vigo. 

Chegando xa á recta final, os coles participantes decidimos agasallar á Comunidade de Montes de Vigo pola axuda entusiasta que están a prestar ó noso proxecto Educando no monte.

E nada mellor que un cadro realizado polos nenos de todos os colexios participantes. Sen dúbida, o mellor motivo era o noso propio logo, que, como unha prantiña que nace dunha minúscula semente, agromou e foi medrando a medida que pasaba polas sucesivas escolas.







Nestas imaxes vemos a un grupo de nenos e nenas de Infantil poñendo o seu gran de area neste cadro cargado de simbolismo e emotividade.



Comentarios