PRIMEIROS CARNETS DE COLABORADORES!
Co gallo da saída ó monte.
A saída ós montes da Sobreira e dos Pozos requiriu unha preparación moi especial e coidada. Nela, as familias dos nosos alumnos e alumnas tiveron un papel especial. Pero non só aportaron as camisetas brancas. Algunhas delas fixeron tarefas especiais para nós. E, por iso, recibiron os nosos primeiros carnets de colaboradores.
Grazas a María, a nai de Noelia e Carolina, que nos aprendeu a signar o retrouso da canción Ven comigo.
Grazas á familia de Miguel e Diego, que nos prepararon os moldes para pintar as nosas camisetas co logo.
E por último, grazas a Patricia, a nai de Sofía e Pedro, que trasladou o agasallo colaborativo dende a nosa escola ata a de Tintureira.
Eles foron os nosos primeiros colaboradores, e merecen un espazo especial neste día. Pero haberá, ó longo do curso, outros moitos que terán o seu recoñecemento.
Grazas, familias!
Comentarios