EDUCANDO NO MONTE, DENDE CATIVOS
Unha fermosa iniciativa intercentros.
Despois dos devastadores incendios do ano pasado, agromou entre varias bibliotecas escolares de Vigo a necesidade de dar unha resposta educativa a este acontecemento terrible. A nosa compañeira e amiga Mónica Otero, do CEIP Escultor Acuña, foi a soñadora que conqueriu agruparnos arredor deste proxecto común a oito centros educativos, ós que se uniu o alumnado e profesorado do IES de Valadares como guías e reporteiros:
- CEIP Escultor Acuña
- CEIP Candeán - Igrexa
- CEIP Eduardo Pondal
- CEIP O Pombal
- CEIP Tintureira - A Paz
- CEIP Josefa Alonso (Matamá)
- CEIP Sobreira - Valadares
- CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao (Navia)
Este foi un longo camiño no que partipou toda a comunidade educativa, e no que as bibliotecas escolares tiveron un papel senlleiro, propoñendo investigar proxectos documentais durante o curso pasado ou durante o actual.
O proceso seguido na nosa escola foi o seguinte:
- Concurso de logotipos
- Preparamos as nosas camisetas
- Aprendemos a canción e firmamos os documentos para a cápsula do tempo
- Preparamos o agasallo colaborativo para a Comunidade Montes de Vigo
- Recabamos a imprescindible axuda das familias
- O alumnado de 5º de Primaria elabora o Manifesto
- Finalmente, xuntámonos no monte
Na nosa escola, o traballo a prol do monte continúa. Esperemos tamén que estas colaboracións teñan continuidade no tempo.
Polo intre, moitas grazas a todos os que teñen colaborado para que esta primeira etapa do noso proxecto resultara tan entusiasmante e fermosa.
Comentarios