ASÍ FOI...
... a nosa andaina polo mundo.
A rapazada de 5 anos (os Golfiños e os Vagalumes) desenvolveron este curso unha magnífica Andaina polo mundo. Neste post iremos debullando os pasos que foron dando.
1. Descubrimos o título do noso PDI.
E para iso, convertemos a clase nunha sá de cine. Non faltaron os flocos de millo.
2. Creamos a nosa parte do mural colectivo.
3. Cociñamos salmorejo, unha das comidas típicas de Andalucía, de onde partiu a expedición de Magallanes.
4. As nosas familias acompáñannos na andaina.
Cada vez que chegaban, aportábannos información relevante para o noso proxecto.
5. Creamos as portadas do noso caderno de viaxe.
6. Ó pasar polas Illas Canarias creamos a nosa maqueta do Teide.
7. Polo Entroido disfrazámonos de expedicionarios.
8. Chegando a América do Sur, o confinamento estropeou os nosos plans. Pero non pasou nada. Reconstruímos as nosas naves.
9. Tras coñecer a Lenda da Pedra do león, creamos cómics...
... e disfrazámonos de pumas.
10. Chegando ó Índico, investigamos na Fosa das Marianas.
11. E voltamos a casa co noso Caderno de Viaxe medio cuberto (por mor da pandemia), pero coa cabeza chea de información e fermosas experiencias.
Comentarios