XOGANDO...
... e aprendendo a convivir.
Recuperamos unhas imaxes do mes de xaneiro. Tráennos á memoria a actividade comezada por Montse, a nosa directora e orientadora, co alumnado de 6º curso de Primaria.
Estas actividades tiveron como obxectivo mellorar a cohesión grupal e as relacións sociais nesta aula. Para iso empregáronse algúns dos xogos mercados coa partida de inclusión.
Así, os luns, a última hora, a rapazada deste curso comezou a baixar, por grupos, á biblioteca. Alí recibían unhas indicacións sobre as normas de xogo e practicaban para, nunha sesión posterior, aprender a xogar ós rapaces doutros niveis.
Que mágoa que a pandemia non permitise desenvolver na súa totalidade esta iniciativa tan fermosa!
Comentarios