ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ
30 de xaneiro: a onde chegan todos os camiños.
O Día da Paz celébrase o 30 de xaneiro. Sen embargo, esta é tan só a data na que confluíron unha morea de actividades propostas dende diferentes ámbitos e departamentos.
Na aula de Música levabamos semanas ensaiando unha das nosas cancións favoritas: Pequeño Planeta.
O Departamento de Inglés preparou o seu propio mural co alumnado de 6º de Primaria:
Durante a derradeira semana do mes de xaneiro, na Hora de Ler propuxemos diversas biografías da serie Emprendendo en verde:
Previamente, o alumnado de 5º colaborou na gravación dos audios que acompañaron ditas biografías.
Como actividade recompilatoria propuxemos un xogo para comprobar o que sabiamos dos seis protagonistas anteriores.
A celebración culminou coa elaboración duns preciosísimos murais colaborativos que adornan as entradas da escola.
Comentarios