PREPARAMOS O DISFRACE DA MAGA TOMASA

Un obradoiro de costura en toda regra. 

O Entroido está aí, e a Maga Tomasa precisa unha capa. 

Esta mañá, a profe Laura xuntouse cun grupo de rapaces e rapazas de 5º de Primaria e organizou un obradoiro de costura en toda regra. Non semella o taller de O tempo entre costuras, ou o de Mercedes de Cóntame como pasou?

Se premedes na seguinte imaxe poderedes ver máis fotos. 


Desexando ver o resultado!

Comentarios