PLANTANDO HORTENSIAS
Co alumnado de 4 anos A.
Durante o inverno chegou o tempo da poda. E das ramas cortadas das hortensias están a saír gromos. Por tal motivo, intentando dar unha segunda vida a todo o que nos rodea, decidimos crear un muro vexetal para protexer a nosa horta de pelotas indesexadas.
Por tal motivo, a cativada da aula de 4 anos A achegouse ó xardín para plantar as ramas coa axuda dos profes Roi e Iria.
Se premedes na seguinte imaxe poderedes ver otras fotos da xornada de plantación.
Comentarios