BICHIÑOS DA HORTA

 

Na aula de 4 anos B. 

A rapazada de 4 anos B está a investigar sobre os bichiños que atopamos na horta. Buscando lagartas foron dar unha volta por Navia Vello, e atoparon unhas cantas tomando o sol. 


Na tarefa, todo ía nun pack: observar, investigar, crear. 

E investigando sobre as arañas, eses insectos que resultan tan beneficiosos na horta, atoparon unha no patio, que pasou a ser a súa invitada por unhas horas. Iso permitiulles comprobar de primeira man as características deste insecto. 


Se premedes na seguinte imaxe poderedes ver máis fotos desta investigación. 



Comentarios