COÑECEMOS A VICKI, A AVOA UCRAÍNA DE EVA

 

Entrevistada polo alumnado de 4º de Primaria. 

Eva, e mais a súa avoa Vicki, que é ucraína, son dúas das persoas máis queridas da nosa comunidade educativa. 

Nestes intres nos que Ucraína está asolada por unha guerra inxusta e devastadora, a rapazada anda moi inqueda. De xeito espontáneo, a preocupación aparece nas súas conversas. Por iso, para coñecer máis polo miúdo a situación, o alumnado de 4º de Primaria decidiu invitar a Vicki para dialogar con ela. 

Este encontro supuxo moita preparación: coñecer o formato, seguir pola prensa as novas de Ucraína, pensar que querían saber, organizar as cuestións dun xeito coherente...

Finalmente, chegou o día tan ansiado. Nun primeiro intre, Vicki reuniuse con todo o grupo na aula. Foi un encontro emotivo e entrañable, no que as bágoas estiveron a flor de pel. 


Para rematar o encontro, tras a presentación de Eva, tres rapaces trasladáronse coa nosa invitada ás instalacións da radio para gravar esta entrevista que comparten connosco. 




Grazas, Vicki, por compartir connosco a túa preocupación e a túa dor. 

Comentarios