SEGUIMOS COS OBRADOIROS CREATIVOS
En 1º de Primaria.
Os cativos de 1º de Primaria seguen xogando... e aprendendo! Con tres novos obradoiros simultáneos.
1. Construcións.
Con este novo material de palliñas, a creatividade non ten límites: sillas, varas máxicas, martelos... sós, ou en compañía. Un sinfín de posibilidades que podedes ver premendo na seguinte imaxe.
2. Robótica.
Nesta ocasión dividimos o obradoiro en dúas partes:
a) Traballamos o pensamento computacional desconectado.
b) Seguimos xogando a programar o noso escornabot. Para iso combiñábamos as ordes que nos proporcionaban dous dados botados ó azar. (Premendo na seguinte imaxe accederedes ó álbum de fotos).
Nesta ocasión escollemos un novo xogo da nosa colección: Monza, co que emulamos ós grandes pilotos de automobilismo.
Con este xogo, ademais de desenvolver a atención e o control cobran moita relevancia a estratexia e a planificación.
Comentarios