PENSAMENTO COMPUTACIONAL DESCONECTADO

Aprender a pensar. 

Seguimos cos nosos obradoiros na Biblioteca, co alumnado de 1º de Primaria. Nesta ocasión cunha actividade que non deixa de ser un Quen é quen? 

Obtendo como única resposta SI ou NON, o alumnado ten que adiviñar que ferramenta ou elemento necesario para que medre unha planta ten escollido un dos cativos. 

Isto que semella tan sinxelo é o fundamento do manexo dos computadores. 

Para ver máis imaxes podedes premer na seguinte foto. 

Xa vedes: podemos aprender xogando!

Comentarios