TRES EN UN
Así celebramos o Día da Poesía.
Tres accións desenvolvidas en torno a un mesmo tema: a poesía da horta creada, lida e decorada. Nisto consistiu o noso Día da Poesía.
1. Creamos caligramas.
En torno a un produto ou un insecto da horta, cada aula creou un caligrama co que elaboramos un mural colectivo.
http://biblionavia.blogspot.com/2022/04/esta-e-nosa-colleita-poetica.html
2. Poesía e Lettering.
Completamos o noso mural cun poema de Antonio García Teijeiro decorado por man de artistas: as nosas alumnas de 5º de Primaria participantes no Obradoiro de Lettering.
http://biblionavia.blogspot.com/2022/04/lettering-garcia-teijero.html
3. Recitamos poesía.
Alumnado de 5º de Primaria participou no recitado dunha escolma de poemas relacionados coa horta e gravados na nosa radio escolar.
http://biblionavia.blogspot.com/search/label/Colleita%20po%C3%A9tica
Comentarios