ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ


Con inauguracións, convivencia da Comunidade educativa e lectura.

O pasado martes día 30 celebramos no colexio o Día da Paz. Resultou un día entrañable no que estivemos acompañados polas familias dos nosos alumnos e por unha familia moi especial: a Asociación Bicos de Papel.

Esta asociación reúne a familias de nenos con enfermidades oncolóxicas. Como no noso centro temos dous alumnos con estas dolencias, quixemos arropalos, celebrando a festa con eles e dándolle o nome da Asociación a un novo espazo: a aula de Psicomotricidade.


Como a celebración o requería, nas últimas semanas estivemos a preparar este evento tan importante. A profe Montse estivo a aprender a toda a rapazada unha coreografía para a canción Madre Tierra, de Chayanne. E tamén explicando cal era a finalidade da actividade.

Os rapaces tiveron que pensar no porqué do nome da Asociación. Non lles foi difícil adiviñar que estaba vencellado coas mascarillas que os pacientes teñen que levar postas.

Os encargados de inaugurar a nova aula foron varios alumnos de Educación Infantil, representando ós seus compañeiros. Contaron coa presencia de numerosas familias, e incluso da prensa. Neste enlace poderedes acceder ó vídeo publicado por Faro de Vigo.

O colexio estaba preciosamente decorado, con banderíns preparados polos rapaces coa axuda das familias e coa sempre magnífica colaboración da ANPA.


 


Logo, todos xuntos no patio cuberto bailamos zumba e disfrutamos co espectáculo de Cé Orquestra Pantasma. O seguinte vídeo demostra o ben que o pasamos, e o implicados que estivemos na celebración deste día.



Pero tamén a lectura estivo presente. Así, durante a semana da Paz, en 4º, 5º e 6º de Primaria, a partir dun conto de Arnold Lobel, conectamos a actualidade e o pasado, e descubrimos que, cando resaltamos o que nos une en lugar do que nos separa poden xurdir proxectos fermosos. Podedes ver o desenvolvemento desta actividade neste enlace.

Comentarios

Familia Méndez ha dicho que…
Fue una celebración estupenda!!!! Y la idea de dar visibilidad a Bicos de Papel es de agradecer!!!
Maga Tomasa ha dicho que…
Grazas por compartila connosco. A verdade, foi un día perfecto!