ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO, NA NOSA BIBLIOTECA


Gran acontecemento para rematar a Semana do Libro. 

Rematando a Semana do Libro tivemos a sorte de contar durante boa parte da mañá coa presenza de Antonio García Teijeiro na nosa Biblioteca. O escritor, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, achegouse ó noso centro para compartir co alumnado diversas obras traballadas ó longo do curso.

Comezou a visita cos nenos de 2º curso de Primaria, a quenes lles presentou a Honorato (podedes velo na foto de portada), o protagonista de Honorato, o rato namorado, obra que leron este curso.  Tras un rato compartindo historias, Antonio quedou moi emocionado cando os nenos lle entregaron o agasallo que tiñan preparado para el: un libro cos seus traballos. Finalmente, procedeu a firmar os libros. (Premede na seguinte imaxe para ver máis fotos).



A continuación, mantivo un encontro cos de 5º en torno a Poemar o mar. (Premede na imaxe para ver outros momentos do encontro). 



Por último, achegouse ás aulas de 4 e 5 anos, onde estivo moi agarimoso cos rapaces e rapazas que traballaron sobre Cacarabín, cacarabón. (Premede na imaxe para ver máis fotos). 


Antonio deixounos dúas fermosísimas lembranzas da súa visita: un poema escrito connosco na pizarra da biblioteca e un autógrafo no noso libro de firmas. 



Grazas por facernos soñar, Antonio!


Comentarios