NEW WORLD'S MAN


Brian cóntanos historias do Novo Mundo. 

Os rapaces e rapazas de 5 anos quedaron tan engaiolados coa exposición de Oliver e a súa nai sobre os mapas medievais, que decidiron convidar a Brian para que lles falara do mundo que quedaba máis alá do borde: o Novo Mundo.

Brian é o noso axudante de conversa, e ven dos Estados Unidos. Así que nos contou algunhas cousas dese mundo descoñecido para as xentes da Idade Media.

Aquí vemos algunhas imaxes da exposición.





Moitas grazas, Brian, home do Novo Mundo!

Comentarios