MICROBIOS QUE ESTROPEAN A COMIDA


Que interesante é a ciencia!

Os pais de Gael V. son científicos do CSIC. Así que chegaron ó cole para falar dos microbios que estropean a comida. Este era un tema moi importante na Idade Media, xa que non había frigoríficos e a xente tiña que inventar xeitos de conservar o alimento.

Ademais da explicación, cada neno levou un experimento a casa, e comprobou, fascinado, como crecían os microbios que, invisibeis, habitan nas nosas mans.





Que divertida resulta a ciencia contada con tanto agarimo!

Grazas, familia!

Comentarios

Entradas populares