CONCURSO DE LOGOS



Para educar no monte.

Prezadas familias: 

Como lembraredes, iniciamos o presente curso escolar coa funesta vaga de incencios (na que o noso barrio tivo un papel relevante) que asolou a nosa cidade. 

Dende entón, o colexio, a través do seu profesorado, está a participar nunha iniciativa titulada Educando no monte, na que estamos implicados oito centros docentes. O primeiro acto desenvolvido no presente curso escolar foi o Tendal de Follas Novas, preparado co gallo do Día de Rosalía e o Día da Poesía.

De cada ó aniversario destes lumes, que non queremos esquecer pero si evitar, temos organizado un acto conxunto en colaboración coa Comunidade de Montes de Valadares.

Para que todas as comunidades educativas se sintan partícipes deste acto temos proposto un Concurso de logos para desenvolver entre as familias. Requerimos a vosa colaboración nos termos que establecen as seguintes bases:

1. Finalidade do concurso:
  • Esta é unha proposta conxunta dos centros asociados na iniciativa Educando no monte.
  • Trátase de asociar á nosa acción (Educando no monte) unha imaxe “corporativa”. 
  • O Concurso terá tres fases: 
    • as familias que queiran participar voluntariamente presentarán o seu logo;
    • cada centro, de entre os presentados, elixirá tres logos, que presentará na xuntanza intercentros;
    • entre os logos presentados polo conxunto de centros participantes, o comité organizador da actividade elixirá un deles, que nos representará na actividade. 
2. Que ten que facer cada familia?
  • Cada familia (se o desexa) proporá o seu propio logo para ilustrar a actividade Educando no monte.
  • Para iso, a continuación apuntamos algunhas indicacións sobre o que é un logo e sobre os elementos que o deben integrar. 
  • A proposta plástica basearase, fundamentalmente, no deseño da icona , e na elección das cores e das fontes tipográficas que mellor expresen a idea que queremos transmitir. 
  • Os logos creados enviaranse por correo electrónico á dirección: biblionavia@gmail.com, indicando no asunto: Concurso de logos, e, no corpo, os datos da familia participante. 
  • Prazo tope de entrega: ata o mércores 13 de xuño. 
3. Que é un logotipo?

É a representación pictográfica da marca dunha empresa ou organización. O importante do logotipo é que, en si mesmo, comunique a mensaxe que se quere dar. 

Para conquerir comunicar mellor esa mensaxe, empréganse cores e formas que permiten que o espectador final poda darlle a interpretación axeitada.

O logotipo está composto por tres elementos esenciais:
  • a icona: é o elemento visual gráfico
  • o nome: a fonmética da marca (Apple)
  • a fonte: o tipo de letra que vai indiscutiblemente asociado á icona e ó nome do produto



Antes de deseñar o voso logo podedes consultar outro (para vos inspirar) no seguinte enlace

Bo traballo!




Comentarios