COÑECEMOS A CARLOS V
Polo que estamos aprendendo sobre o noso PDI Primus circumdedisti me, a Primeira volta ó mundo tivo un patrocinador: o rei Carlos I de España.
Este rei foi moi importante. Tanto, que foi nomeado emperador de Alemaña, e por iso é máis coñecido como Carlos V (de Alemaña).
Imos poñerlle cara analizando este magnífico cadro que podes atopar no Museo do Prado: O retrato de Carlos V a cabalo na Batalla de Mühlberg, obra dun magnífico pintor: Tiziano.
Estes días temos que enfrentarnos a outra batalla distinta, cun enimigo invisible. Que tal si, despois de analizar a obra, te debuxas a ti mesmo, a alguén da túa familia, ó representante dunha profesión ou algunha persoa coñecida encarando a batalla con esa entereza? Seguro que saen uns cadros preciosos.
Podes compartilos connosco en:
biblionavia@gmail.com
Non esquezas escribir no asunto: Nós tamén encaramos a batalla
Estamos desexando ver as vosas obras mestras.
Imaxe: RUBENS. Carlos V e a emperatriz Isabel (recorte). Dominio público.
Comentarios