OS FANTÁSTICOS LIBROS VOADORES DO SR. MORRIS LESSMORE
Unha magnífica curtametraxe onde os libros son os auténticos protagonistas.
Unha curta multipremiada, creada a partir dun acontecemento excepcional como o que estamos a vivir: o furacán Katrina, que no ano 2005 devastou varios estados de Estados Unidos.
O autor e ilustrador é William Joyce, e foi dirixido por Brandon Oldenburg.
Aparte de pasar un rato estupendo, e de poder ser entendido por toda a familia, podedes intentar descubrir que está inspirado:
- no propio furacán Katrina;
- nas películas de cine mudo;
- nas películas de Buster Keaton;
- en O Mago de Oz
Aquí tes uhas pistas:
1. Enlace á película: El Mago de Oz
2. A película de Buster Keaton titulada O Ferreiro, de 1922:
3. Unha película de cine mudo con acompañamento musical: O bombeiro, de Charlie Chaplin, do ano 1916.
Atopastes algunha influencia digna de ser comentada?
Fai un comentario neste mesmo post e comparte connosco o que tes pensado. Aprenderemos a ser grandes comentaristas de cine!
Comentarios