SABIALO?



Xa temos mural!

Bo. En realidade, xa o temos dende antes do Nadal, aínda que non volo contaramos. Pero seguro que, se pasastes polo vestíbulo de Secretaría, xa o tedes visto.

Como vedes, o mural é precioso: cada aula decorou un anaco do mundo que percorreron Magallanes e Elcano empregando diferentes técnicas. E o resultado é tan espectacular... que tivemos que poñerlle protección!

Faltaba, sen embargo, completalo co título. Iso deunos máis traballo, porque... tratouse dunha auténtica obra de enxeñería.







Grazas a todos e a todas as que participastes! Xa vedes, se todos colaboramos un anaco, obtemos obras grandiosas!


Comentarios