POETÍZATE!


Interpretar, crear e declamar!

Ola, familia! Como van as cousas? Esperamos que moi ben.

Con todo este lío pasóusenos por alto que o pasado sábado, 21 de marzo, era o Día da Poesía. Tiñamos preparadas unhas actividades moi chulas para a nosa Semana Cultural, pero... todo no tinteiro!

Queredes axudarnos vós a celebralo? Será unha bonita actividade para realizar en familia.

1. Elixide un poema. Se non tedes ningún, ó final deste post achegámosvos unha escolma que tiñamos preparado para cada nivel.
2. Memorizádeo.
3. Pensade unha posta en escea: xestos, decoración, vestimenta...
4. Practicádeo varias veces: a dicción, a vocalización e a entonación son moi importantes.
5. Gravade un vídeo co móbil e enviádeo a:

biblionavia@gmail.com

Publicaremos os vosos vídeos para celebrar o noso Día da Poesía. 

Nestes enlaces podedes acceder á escolma poética que temos feito. 
Estamos desexando vervos e gozar coas vosas producións. Ánimo!

Comentarios