POESÍA E ÉPICA NO CINE
Coma na viaxe de Magallanes e Elcano.
Ola de novo, familia!
Achegándose a fin de semana queremos facervos unha proposta de cine. Boas propostas para que gocedes en familia.
As que temos escollido hoxe teñen un punto de poética, de literatura e de aventura. Elementos que seguramente non faltaron na viaxe de Magallanes e Elcano. Querían descubrir novos mundos para facerse ricos. Iso levoulles a vivir aventuras inimaxinadas, e a descubrir paisaxes marabillosas. Todo iso é o que vos propoñemos para esta fin de semana.
1. A lúa
Unha fermosísima curta para esta fin de semana. Ofrécenos beleza, pero tamén unha reflexión: se traballamos en equipo, as cousas fanse máis rápido e con menos dificultades. Unha boa aprendizaxe para estas datas nas que, ás veces, a convivencia non resulta nada doada.
2. A volta ó mundo en 80 días
No século XIX, Julio Verne escribiu unha novela na que o protagonista daba a volta ó mundo, como Elcano. Só que, en lugar de dirixirse hacia o Oeste facíao cara ó Leste.
Existen varias adaptacións cinematográficas desta novela. Deixámosvos coa primeira, interpretada polos fantásticos David Niven, Cantinflas e Shirley McLain. (Preme na imaxe para acceder ó enlace).
3. As minas do rei Salomón
A ambición trasládanos a África, nesta cinta protagonizada por Steward Granger e Deborah Kerr. (Preme na imaxe para acceder ó enlace)
Gozade e viaxade en familia!
Comentarios