ALUMNADO CONTADOR EN ACCIÓN

Voluntarios bibliotecarios de 5º de Primaria. 

Como cada luns, empeza o nerviosismo entre o alumnado bibliotecario de 5º de Primaria: hoxe temos función durante a Hora de Ler

Armados cos seus materiais acuden a cadansúa aula de Infantil e, por quendas, van contando a historia que teñen preparado durante o primeiro trimestre: 

      • Maruxa
      • Bailar nas nubes
      • O gato maragato
      • Chivos chivóns
      • Pequeno azul, pequeno amarelo
      • Unha eiruga moi larpeira
As técnicas empregadas son diversas: expresión corporal, kamishibai, manualidades... e os resultados, engaioladores para a cativada. 

Se premedes na seguinte imaxe poderedes acceder a divertidos momentos que se teñen sucedido estas semanas nas aulas. 


Parabéns!

Comentarios