VIVINDO NA PREHISTORIA
Na aula de 4 anos A.
As familias están a acudir ás aulas de Infantil para facer as súas achegas sobre o proxecto deste curso. Hai xa unhas semanas achegouse a de Mateo á aula da 4 anos A para falar sobre a vivenda na Prehistoria.
A rapazada pasouno fenomenal coñecendo o xeito en que se cociñaba, como podedes comprobar premendo na seguinte imaxe:
E, para vivir como na Prehistoria, a familia de Mateo deixounos na clase un precioso agasallo: a nosa propia choza prehistórica.
Grazas, familia! Que mañá tan fantástica!
Comentarios