RASTREXADORES DE NOVAS

Novo programa de Radio Castelao. 

Por fin sae o primeiro episodio do noso novo programa titulado Rastrexadores de novas. Un repaso pola actualidade periodística que, en cada episodio, permitirá ó noso alumnado contarnos unha nova que resulte salientable para eles. 

A sintonía do programa foi elixida na clase de Música polo alumnado de 6º de Primaria, entre diversas músicas libres de dereitos. 

Comeza esta serie periodística o alumnado de 5º curso de Primaria.

Comentarios