DE ENTROIDO NA HORTA

Fixemos festa no barrio. 

Despois de dous cursos de restricións, por fin puidemos celebrar o Entroido como se merece. E fixémolo por todo o alto. 

Por primeira vez, a cativada desfilou polo barrio, acompañado do profesorado e das familias. Dacordo co noso PDI deste curso (A horta da Tomasa) polas rúas marcharon caracois, formigas, homes prehistóricos, bichiños da horta, espantallos, científicos e boticarios, agricultores e froitos vermellos. 

No acto central, celebrado nunha das prazas porticadas da rúa Teixugueiras, cantamos os nosos berros e as coplas creadas polo alumnado. 

Premede nesta imaxe para acceder ó álbum da xornada. 

De volta á escola, a rapazada degustou os postres típicos destas datas, e bailou con ganas ó son da música.


 Neste pequeno vídeo veredes un pequeno resumo da xornada. 


Grazas a todos e a todas por nos acompañar e compartir un rato de ledicia. 

Comentarios