BUSCAMOS UN LEMA PARA AS NOSAS BOLSAS



Axudádesnos?

Benqueridas familias.

Como sabedes, co gallo do Día da Paz presentamos ó alumnado varias reflexións. Nas propostas finais falabamos da importancia de fomentar a economía circular, sendo unha das conclusións a necesidade de empregar bolsas reutilizables. 

Entre os obradoiros programados este trimestre figura a confección de bolsas para a compra. Gustaríanos que fosen decoradas cun lema propio creado por vós, as familias

Por tal motivo, convocamos un 

Concurso de lemas para as nosas bolsas da compra 

Escribide un email a: 

biblionavia@gmail.com

indicando: 

      • Asunto: Concurso de lemas
      • Corpo: o lema proposto
      • Non esquezades identificarvos
      • Prazo: ata o 17 de febreiro de 2023
Estamos agardando as vosas propostas!


Comentarios