AQUÍ ESTÁN OS VOSOS AGASALLOS
O premio prometido para os cazadores de tesouros.
Ola, chicos e chicas! Estou lendo con moitísima satisfacción que o pasastes fenomenal co Escape Room e que aprendestes un montón de cousas. Non sabedes canto me alegro!
E como o prometido é débeda, aí van os vosos premios (que, como imaxinaredes, só poden ser virtuais).
O primeiro: por teres coñecido tan ben esta parte da provincia de Santa Cruz que temos traballado... tenvos tocado unha viaxe a Puerto San Julian! Gozade coa visita!
O segundo: en Puerto San Julián, Magallanes perdeu a súa primeira nave. Tratábase da carabela Santiago. Un dos seus madeiros consérvase no museo da cidade. Que tal se vos entretedes reconstruíndoa. Aquí tendes un titorial con planos para facelo.
Animádevos? Podedes compartir fotos ou vídeos do voso traballo neste muro de Padlet. Só tedes que premer no + para engadir os vosos arquivos. (Se tes algunha dificultade, podes consultar este titorial). Pero se non dispoñedes de ordenador podedes escanear o código QR que aparece despois dende o teu móbil e subir as fotos directamente dende este.

Seguro que sodes uns artistas!
Comentarios