RETRATOS DE PATAGONES



Ou de tehuelches. 

Os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º curso de Primaria estiveron a traballar a semana pasada nun Escape Room no que coñeceron ós indíxenas da Patagonia. Formaban parte dunha tribo chamada tehuelches, aínda que Magallanes bautizounos como patagones. No seu diario, Pigafetta ofrece unha descrición moi pormenorizada destes indíxenas.

No citado Escape Room propoñíamos ó alumnado que debuxase ós patagones segundo a dita descrición. Hoxe presentámosvos o noso primeiro retrato, creado por Sofía, de 4º A.


A que esperades a enviar, tamén, os vosos retratos de patagones?


Imaxe: ADRIÁN BOSCO JARA. Escultura de tehuelche. En Wikipedia. CC BY SA.

Comentarios