E TI QUE LES?



Comparte as túas boas lecturas!

Como todos saberedes, abril é o Mes do Libro. Comeza co Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, o día 2, o remata o 23 co Día Internacional do Libro.

Certo que toda esta novidade do confinamento fixo que o Día do Libro Infantil pasase case desapercibido. Pero coa vosa axuda, a de toda a Comunidade Educativa, celebraremos un magnífico Día do Libro.

Gustaríanos que, para celebralo, todos compartamos o que estamos a ler. E cando digo todos, é todos: os avós, papá e mamá, ti, o teu irmán, os profes... Para facelo será tan sinxelo como facervos unha foto ou un video e subilo ó muro de Padlet que tedes a continuación. Só hai que premer no + para facelo. Tamén podedes facer comentarios. É moi doado. Pero se, aínda así, tedes dúbidas podedes obter máis información neste titorial.

Se algún de vós accede dende un móbil podedes escanear este código QR que vos conducirá directamente ó muro e subir as vosas fotos ou vídeos.



Hecho con Padlet

Estamos desexando saber de vós...!

Comentarios