IMOS DE AVENTURA...
... con Magallanes.
Para rematar o trimestre, facemos esta proposta para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria. Imos coñecer os lugares de Arxentina polos que pasou Magallanes.
Para iso preparamos un Escape Room: teredes que pasar un montón de probas antes de poder abrir a caixa do tesouro.
O fundamental para acadar o obxectivo será:
- ler con atención a información e as preguntas
- pensar e razoar
- non estará mal ter ó lado algún papel e lapis para tomar notas
Estades preparados...?
Pois só dúas últimas cousas:
- Cóntanos que che pareceu a actividade cando remates. Fai un comentario neste post. Pero xa sabes: non esperes velo escrito ata que a Maga Tomasa o acepte.
- Estate atento ó blog da Biblioteca durante a Semana Santa: pedirémosche que nos achegues algún material elaborado durante esta proba.
Imos aló! Sorte, aventureiros!
Comentarios
ESTIVO MOI CURIOSO E PARA MIN FÁCIL
HUGO BRAÑA 6º
¡Sorpresa!,non hai nada.¿jajajajajaja!
QUEDATENACASA
Os videos eran moi interesantes, e ademáis así aprendín máis cousas sobre Magallanes.
Leo 5º EP.
Ten moita información para logo completalo todo.
relativamente entretenida
Nacho García
6º curso de primaria
Álvaro Panadeiros Bernardo 4ºA Primaria
Alan! Véxote un pouco competitivo. Ja,ja. E o bonito que é facer as cousas coma un reto, sen esperar nada a cambio, senón superarse a si mesmo...!
De todos xeitos, non vos preocupedes. Estade atentos, porque... nos vindeiros días achegarémosvos como agasallo unhas actividades divertidas e unha ferramenta para que subades os vosos marabillosos debuxos dos patagones.
Graciñas por participar con tanto entusiasmo e polos vosos preciosos comentarios.
Antía,5 E.P
María S.B. 6º primaria
varias veces desde o pricipio.Pero o xogo e moi chulo!!!
Beltrán 6E.P
Diego Beiro 5 de primaria
Sofía Ramilo 4ºA.
Aron 6º
Encantoume o xogo,pero esperaba outro agasallo 🎁 😉;-).
nda qué ao abrir a caixa forte non fora o que me esperaba.
Edgar 5 E.P
Mateo 5º
E... Mateo...! Cando isto remate... creo que nos veremos na Patagonia! A min estame encantando! Ja, ja!
Gustoume moito o xogo e pareceume moi entretido para estes dias de cuarentena.
Coral Rodriguez, de 6º de primaria.