COCIÑANDO CON ESPECIAS


Convídasnos a comer?

Ola, familia! Como vai iso? Esperamos que todos esteades moi ben de saúde.

Aínda que non poidamos saír da casa queremos convidarvos a participar do noso PDI Primus circumdedisti me, e, de paso, a que gocedes da cociña e dunha divertida actividade familiar.

A Primeira Volta ó Mundo de Magallanes - Elcano foi un fito importantísimo na historia da humanidade. Sen embargo, o seu obxectivo era moito máis prosaico: non se trataba tan só de facer historia, senón, e sobre todo, de facer diñeiro.

Efectivamente: os nosos navegantes ían en busca do "ouro negro" daquela época: as especias, que estaban nas illas do Oriente. Así, cando chegou de volta a Sanlúcar, a nao Victoria levaba nas súas bodegas nada menos que 60 toneladas de especias.

Cales eran estas especias? O azafrán, a canela, o clavo, o jengibre, a noz moscada, a pementa e o sándalo.

Dende ese momento, seguramente o sabor das nosas comidas ten cambiado moito. Que serían as natillas e o arroz con leite sen a canela?

Pois aí vai a nosa proposta para estes días. Gustaríanos que compartísedes connosco algún plato ou postre no que empreguedes especias. Podedes enviarnos a receita, a foto da familia elaborando o plato, un vídeo... o que queirades. Con todo iso poderemos elaborar o noso Recetario para cociñar con especias.

Como o compartides? Moi doado. Neste muro de Padlet que tedes a continuación, só tedes que premer no + para facer unha nova achega. Non esquezades poñer o voso nome. Pero, se tedes algunha dificultade, sempre podedes consultar este titorial.

E se algún de vós accede a través do móvil, podedes escanear este código QR que vos conducirá directamente ó muro e subir as vosas fotos ou vídeos.


Hecho con Padlet

Animádesvos! Uhm...! Xa sinto un apetitoso arrecendo!

Comentarios