25-N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA O MALTRATO
Lemos imaxes para sensibilizarnos.
Só se lemos o mundo podemos entendelo, concienciarnos, criticalo e cambialo. Ás veces, o maltrato está cuberto por unha espesa capa de maquillaxe que nos impide descubrir o que está a pasar moi preto de nós. Por iso... imos ler, xuntos, esta imaxe.
1. Que vedes?
2. Que feridas presenta o maniquí?
3. Como se puideron producir esas feridas?
4. O que aparece na foto é unha boneca. Que pasaría se fose unha muller de verdade?
Comentarios