O EQUIPO "MARIPOSA" FÁLANOS DO COVID...

... e o alumnado de 5º A grava e edita o vídeo. 

O alumnado de 3º de Primaria está a traballar por tarefas. Nestas primeiras semanas ten investigado sobre a COVID-19, e o produto final é un vídeo no que cada equipo transmite o que aprendeu de xeito cooperativo. 

Pero, ó mesmo tempo, esta tarefa serviu tamén para que alumnado de 5º A de Primaria comezase a traballar nun obradoiro de gravación e edición de vídeo

Un produto marabilloso no que uns e outros mostran un xeito distinto de traballar e no que desenvolven múltiples competencias. 

Parabéns, rapazada!

Comentarios