VIRTUALMENTE...
... celebramos o Samaín!
Este ano estamos a introducir moitas novidades na escola. Entre outras, dous super-equipos: o Biblio-TAC e Dinamizando e Normalizando a Convivencia.
Precisamente, coa coordinación deste último, estamos a festexar todas as celebracións escolares, aínda que sexa virtualmente.
O Samaín foi a primeira delas: a rapazada de 3 anos e a súas titoras elaboraron o divertido cartel que ilustra este post, e que incluía distintos enlaces.
No blog de Dinamización recolléronse distintos recursos que se ofreceron ó profesorado.
Tamén se propuxo, como cada curso, un Concurso de Cabazas, aínda que este ano... virtual! As familias achegaron as fotos dos seus traballos a través do correo electrónico.
E, como en todos os concursos, repartíronse premios entre os gañadores.
E aquí vos deixamos as imaxes das dúas cabazas gañadoras: a de Xian (4 anos A) e a de Cris (5º B de Primaria)
Comentarios