OBRADOIRO DE ROBÓTICA
Montamos os nosos escornabots.
A rapazada de 5º curso de Primaria está participando nun obradoiro de montaxe de escornabots. Comandados pola profe Sara comezan vendo un video titorial, e, axudados das instrucións, cada grupo monta o seu escornabot. Así, non só traballan as competencias STEM, senón tamén a comprensión oral e a comprensión escrita, ademais do traballo en equipo.
Despois da montaxe cómpre verificar que todo funciona perfectamente: é hora de botarse ó chan e comprobar que o robot se move!
Se premedes na seguinte imaxe poderedes revivir distintos momentos do obradoiro.
E cando rematen... outro alumnado aproveitará o seu traballo para xogar cos escornabots e seguir aprendendo.
Comentarios