CELEBRANDO E COMPARTINDO...

 

... polo 25 - N. 

Coordinado polo Equipo Dinamizando e Normalizando a Convivencia, o alumnado de Educación Infantil preparou o cartel que loce no vestíbulo da escola. 

Tratouse dun traballo colaborativo de todas as aulas: 

  • os cativiños de 3 anos pintaron as letras;
  • os de 5 anos e 4 anos A pensaron e escribiron as palabras do mural;
  • os de 4 anos B decoraron a nube;
  • os de 5 anos elaboraron o collage do sol e o vídeo co que enlaza o código QR. 
E, sobre todo, pensaron e reflexionaron sobre todas esas palabras e feitos violentos que firen.  Queremos desbotalas e transformalas en ideas fermosas e luminosas como as que agroman á calor dos raios do sol. 


Grazas polo voso traballo, rapazada!

Comentarios